Obradoiro de escrita creativa “Reescribir o pasado, empoderar o futuro”
-
Data
19 de Maio de 2026
-
Horario
09:00
O 19 de maio, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2026, adicado á escritora Begoña Caamaño, o Concello de Cedeira dará comezo ó obradoiro de escrita creativa “Reescribir o pasado, empoderar o futuro”, unha proposta que rende homenaxe á súa obra e ao seu firme compromiso cunha mirada feminista, crítica, empoderada e transformadora da literatura.
Impartido por Ánxela Lema e Sara Villar, o cursiño toma como punto de partida o universo narrativo de Caamaño, marcado pola revisión dos relatos tradicionais desde unha perspectiva de xénero, para convidar ás persoas participantes a reinterpretar mitos clásicos desde ópticas contemporáneas, dando voz a personaxes e historias que historicamente ficaron á marxe.
A través dunha metodoloxía que combina análise literaria e práctica creativa, o curso ofrece un espazo de reflexión compartida e creación propia, no que a escrita se entende como ferramenta de pensamento crítico e de transformación social.
Dirixido a tódalas persoas interesadas na escrita e na literatura galega, este obradoiro propón unha experiencia que conecta tradición e contemporaneidade, memoria e futuro.
Unha oportunidade para celebrar as nosas letras creando novas historias.
(PRAZAS LIMITADAS ATA COMPLETAR AFORO POR RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN)