Visitas guiadas na Semana Santa no Museo Mares de Cedeira
-
Data
2 de Abril de 2026
-
Horario
12:00
O Museo Mares de Cedeira organiza visitas guiadas especiais durante a Semana Santa, unha oportunidade para coñecer de primeira man a cultura mariñeira de Cedeira e a súa historia estreitamente vencellada ao mar.
Datas e horarios:
- Xoves, 2 de abril, ás 12:00h
- Venres, 3 de abril, ás 12:00h e ás 18:00h
Prezo: 3€ por persoa
Prazas limitadas
Lugar: Museo Mares de Cedeira
Camiño Arealonga, 1 – 15350 Cedeira
Inscrición
As persoas interesadas deberán inscribirse previamente a través de WhatsApp no número 614 209 504.