Obra de teatro “Reconversión”
-
Data
20 de Febreiro de 2026
-
Horario
20:30
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
Venres 20 de febreiro ás 21.00 h no Auditorio Municipal.
Sinopse:
Reconversión é un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo.
Entre o íntimo e o político, o proxecto, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso, é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na Ría de Vigo. A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80.
Entrada: 3,5 €
Venda en taquilla o mesmo día desde unha hora antes.
Reserva anticipada desde o luns 16 até o venres 20 ás 14.00 h
WhatsApp: 649 876 614
enrique.vazquez@cedeira.gal