Xornada de Portas Abertas no CEIP Nicolás del Río de Cedeira
-
Data
2 de Marzo de 2026
-
Horario
16:30
O CEIP Nicolás del Río de Cedeira organiza unha Xornada de Portas Abertas dirixida ás familias do alumnado de nova admisión para o curso 2026/2027, que terá lugar o luns 2 de marzo ás 16:30 horas.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 1 ao 20 de marzo. A listaxe provisional publicarase o 25 de abril e a listaxe definitiva o 15 de maio. A formalización da matrícula realizarase do 20 ao 30 de xuño.
Desde o CEIP Nicolás del Río convídase ás familias interesadas a achegarse e coñecer o centro.