Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Festas de San Cosme e San Roque

O sábado 21 de febreiro, a partir das 14:30 horas, celebrarase no Parque do Floreal a tradicional comida popular do cocido dentro da programación das festas de San Cosme e San Roque.

O menú inclúe sopa, cocido completo, bebida, postre de Entroido e café. Os prezos son: 30 € adultos, 15 € nenos/as de 7 a 13 anos e gratis para menores de 7 anos.

Dende as 13:30 h haberá sesión vermú con Lucía Nieto e, despois do xantar, tardeo musical con Bruno KaviDJ.

As reservas poden realizarse ata o 17 de febreiro.

Back to top