Cabalgata dos Reis Magos e Festa de Reis en Cedeira
-
Data
5 de Xaneiro de 2026
-
Horario
18:00
Cedeira recibirá a visita das Súas Maxestades os Reis Magos o 5 de xaneiro de 2026, cunha tarde chea de maxia e actividades para toda a familia.
A xornada comezará ás 18:00 horas coa Cabalgata de Reis, que percorrerá o seguinte itinerario: CEIP Nicolás del Río, CR da Madalena, rúa San Sadurniño, avenida de Castelao, volta ás pontes, finalizando no Auditorio Municipal.
Ás 18:30 horas, as súas Maxestades recibirán no Auditorio Municipal ás nenas e nenos que desexen achegarse.
A celebración continuará ás 19:00 horas coa Festa Infantil no Pavillón do CEIP Nicolás del Río, con merenda de Reis (roscón e chocolate) e inchables.