Concerto de Nadal da Banda de Música Vila de Cedeira
-
Data
27 de Decembro de 2025
-
Horario
19:30
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
A Banda de Música Vila de Cedeira celebra o seu 30º aniversario cun concerto moi especial de Nadal titulado “Un día en Viena”. Unha cita musical única para gozar das grandes obras do repertorio clásico vienés, coa mellor música de Strauss, Suppé e Brahms.
O concerto terá lugar o 27 de decembro de 2025, ás 19:30 horas, no Auditorio Municipal de Cedeira.
Unha oportunidade perfecta para celebrar o Nadal e recoñecer tres décadas de traxectoria musical da nosa banda.