Xornada de Fútbol Feminino: Discalzas S.D. vs C.D. Cariño
-
Data
7 de Decembro de 2025
-
Horario
11:30
O vindeiro domingo 7 de decembro de 2025, celebrarase no Campo Municipal Carmen Maseda (Cedeira) a décima xornada da 3ª División Galega Feminina – Grupo 1, cun emocionante encontro entre Discalzas S.D. e C.D. Cariño.
O partido comezará ás 11:30 horas, e dende o Concello convidamos a toda a veciñanza a achegarse para apoiar ao equipo local e desfrutar dunha mañá de fútbol e deportividade.
¡Agardámosvos en Carmen Maseda!