Xornada de Baloncesto no Polideportivo de Cedeira
-
Data
29 de Novembro de 2025
-
Horario
10:00
O vindeiro sábado 29 de novembro de 2025, o Polideportivo Municipal de Cedeira acollerá unha intensa xornada de baloncesto organizada polo Cedeira Basket Club, con encontros en varias categorías ao longo do día.
🕙 10:00 h – Categoría Infantil
Muebles García Cedeira Basket vs. Baloncesto Narón / C.B. Narón
🕛 12:00 h – Minibasket Feminino
A Taberna do Jojó Cedeira Basket vs. Baxi Ferrol / Universitario Ferrol
🕔 17:00 h – Categoría Preminibasket
Merluza do Norte Cedeira Basket vs. Baxi Ferrol / A Malata (Feminino) / Universitario Ferrol
Invitamos a toda a veciñanza a achegarse para animar aos equipos e gozar dunha xornada deportiva en familia.