A Realidade do TDAH: Xornada Comunitaria en Cedeira
-
Data
2 de Decembro de 2025
-
Horario
18:00
O vindeiro 2 de decembro ás 18:00 h, celebrarase no Auditorio Municipal de Cedeira unha xornada comunitaria baixo o título “A Realidade do TDAH”, organizada por Yaiza Montero Troncoso, do Grupo de Acción Comunitaria da Fundación INGADA.
Contaremos coa participación de recoñecidas profesionais especializadas en Medicina Familiar e Comunitaria e expertas universitarias en TDAH:
- Elvira Ferrer Vázquez
Vicepresidenta da Fundación INGADA - Ángeles Varela Calvo
Membro do padroado da Fundación INGADA
A entrada é de balde, pero é necesaria inscrición previa mediante o formulario correspondente:
https://forms.gle/GZtZ2sqRwxhjuqJx8
Un encontro aberto á comunidade para comprender mellor o TDAH e apoiar ás persoas e familias que conviven con el.