Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

EVENTOS 8 DE MARZO POLO DÍA DA MULLER

Este evento xa rematou

ACTOS DO VENRES 8 DE MARZO – PRAZA DA RECTORAL
En caso de choiva trasladarase ao Auditorio Municipal, o xoves 7 confirmarase dende as redes sociais do Concello.

– 17:00 Espazo de biblioteca para a rapazada. As tres bibliotecas de Cedeira comparten libros con temática de igualdade. Colaboran: BE Carlos Labraña (CEIP), BE Punta Candieira (IES) e biblioteca municipal López Cortón.

– 17:30h. Obradoiro “Invisibilizadas”, aprender a recoñecernos. Un obradoiro onde o xogo e o feminismo estarán presentes a partes iguais, dinamizado por Tania Merelas (educadora social).

– 19:00h. Así, si. Performance interxeracional dirixida por Lucía Vázquez (educadora social).

– 19.15h. Lectura do manifesto institucional.

Dentro das actividades previstas repartirase un tríptico con información sobre o ciclo menstrual.

Back to top