Concertos de Primavera da Banda de Música Vila de Cedeira
-
Data
11 de Abril de 2026
-
Horario
12:30
A Banda de Música Vila de Cedeira presenta unha nova edición dos Concertos de Primavera, un ciclo de actuacións ao aire libre que terá lugar durante os meses de abril e maio en distintos espazos do municipio.
Os concertos celebraranse nas seguintes datas e localizacións:
-
Sábado 11 de abril, 12:30 h – Parque de San Isidro
-
Sábado 25 de abril, 12:30 h – Parque dos Patos
-
Sábado 9 de maio, 12:30 h – Praza da Rectoral
O ciclo pecharase o sábado 23 de maio cun concerto especial polo 30 aniversario da Banda de Música Vila de Cedeira, cun pasarrúas ás 12:30 h e concerto final ás 13:00 h na Praza do Floreal.